ACTUACIÓNS ENLAZAVIGO 2026: PROPOSTAS E CALENDARIO
As propostas que se realizan de seguido teñen como obxecto proporcionar recursos educativos no seo da programación do centro co gallo do 25 de novembro, Dia internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Ao igual que en edicións anteriores, vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, BAC e ciclos de FP.
Tamén se propoñen actividades que formarán parte do acto de sensibilización que se prevé realizar no Auditorio Mar de Vigo o mércores 25 de novembro
ACTIVIDADES PROPOSTAS
- ACTIVIDADE DE TRABALLO GRUPAL NA AULA “DESCONECTA DO CONTROL” (inscrición ata o 6 de novembro; entrega ata o 14 de novembro). Escoller un formato (poema reflexivo, cómic ou infografía) para ilustrar como o alumnado participante percibe os sinais de control e fai propostas alternativas. Deberán ser orixinais e inéditos. Idioma: preferentemente galego. Máis información no apartado 8.3 da Guía para o profesorado.
– FORMACIÓN PRESENCIAL “CONECTA SEN CONTROLAR” (inscrición ata o 6 de novembro). Sesión formativa, de forma presencial no propio centro (50 minutos), de luns a venres, en horario de mañá. Terá lugar entre o 28 de outubro e o 21 de decembro (agás o 25 de novembro). A adxudicación será por orde de chegada das solicitudes.
– SOLICITUDE DE EXPOSICIÓN ITINERANTE (inscrición ata o 6 de novembro). Para escoller entre as seguinte exposicións:
“1. A violencia sexual na mocidade”, “2. A escala da violencia na adolescencia” ou “3. MicroMachismos, pasemos á acción”. A exposición solicitada estará no centro de luns a venres (1 semana) no período comprendido entre o 28 de outubro e o 21 de decembro, agás o 25 de novembro. A adxudicación será por orde de chegada das solicitudes.
– CREACIÓN DO PUNTO LILA (Espazo de información e sensibilización a prol da igualdade e contra a violencia de xénero. O centro dinamiza o espazo coa colaboración se fose preciso da Secretaría Técnica de EnlazaVigo, coa achega de recursos da Concellería de Igualdade.
2. ACTO CENTRAL NO AUDITORIO MAR DE VIGO (mércores, 25 novembro)
PARTICIPACIÓN DO CENTRO NA FEIRA EDUCATIVA COA COLOCACIÓN DUN ESPAZO EXPOSITIVO
(inscrición ata o 6 de novembro). Máximo 10 centros.
Visibilizarase o traballo realizado nos centros de ensino, no marco da sensibilización e de boas prácticas educativas en
materia de igualdade e da prevención da violencia de xénero. Os centros participantes coordinarán coa organización os
recursos necesarios e a dinámica a seguir no espazo expositivo.
PARTICIPACIÓN NO EVENTO QUE TERÁ LUGAR NO AUDITORIO MAR DE VIGO* (25 novembro, 10:15 – 12:30)
(inscrición ata o 6 de novembro).
10:15 – 11:30 Visita á feira educativa no vestíbulo do Mar de Vigo, con participación nas actividades lúdicas, creativas,
informativas e dinámicas participativas.
11:30 – 12:30 Acto central no Auditorio do Mar de Vigo.
*Dada a capacidade do auditorio, cubrirase a participación por rigorosa orde de inscrición e outorgaranse as prazas de maneira equitativa entre os
centros solicitantes.
PARA PARTICIPAR CUBRIDE A FICHA QUE SE ACHEGA ATA O 6 DE NOVEMBRO
Máis info: Secretaría Técnica | 694 318 984 | enlazavigo2026@gmail.com
