ACTUACIÓNS ENLAZAVIGO 2025: PROPOSTAS E CALENDARIO
A As propostas que se realizan de seguido teñen como obxecto proporcionar recursos educativos no seo da programación do centro co gallo do 25 de novembro, Dia internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Ao igual que en edicións anteriores, vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, BAC e ciclos de FP. Tamén se propoñen actividades que formarán parte do acto de sensibilización que se prevé realizar no Auditorio Mar de Vigo o martes 25 de novembro.
- ACTIVIDADES PROPOSTAS
ACTIVIDADE DE TRABALLO GRUPAL NA AULA “DESMONTANDO MITOS XUVENÍS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNRO” (inscrición ata 30 de outubro; entrega ata o 14 de novembro). Escoller unha manifestación de violencia de xénero entre a mocidade das descritas na páx. 3 da guía. Unha vez analizada, buscar un mito que a poida reflexar e desmontalo ofrecendo unha resposta axeitada. O producto final pode ser un debuxo, un escrito ou unha infografía. Deberán ser orixinais e inéditos. Idioma: galego. Máis información en anexo de Actividade en aula . FORMACIÓN PRESENCIAL PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA MOCIDADE (inscrición ata 30 de outubro). Sesión formativa, sobre os contidos desta guía, de forma presencial no propio centro (50 minutos), de luns a venres, en horario de mañá. Terá lugar entre o 20 de outubro e o 19 de decembro (agás o 25 de novembro). A adxudicación será por orde de chegada das solicitudes. SOLICITUDE DE EXPOSICIÓN ITINERANTE (inscrición ata 30 de outubro). Para escoller entre as exposicións “1. A violencia sexual na mocidade”, “2. A escala da violencia na adolescencia” ou “3. MicroMachismos, pasemos á acción”. A exposición solicitada estará no centro de luns a venres (1 semana) no período comprendido entre o 20 de outubro e o 19 de decembro, agás o 25 de novembro. A adxudicación será por orde de chegada das solicitudes. CREACIÓN DO PUNTO LILA (Espazo de información e sensibilización a prol da igualdade e contra a violencia de xénero. O centro dinamiza o espazo coa colaboración se fose preciso da Secretaría Técnica de EnlazaVigo, coa achega de recursos da Concellería de Igualdade.
2. ACTO CENTRAL NO AUDITORIO MAR DE VIGO (martes, 25 novembro)
PARTICIPACIÓN DO CENTRO NA FEIRA EDUCATIVA COA COLOCACIÓN DUN ESPAZO EXPOSITIVO
(inscrición ata 30 de outubro). Máximo 10 centros.
Visibilizarase o traballo realizado nos centros de ensino, no marco da sensibilización e de boas prácticas educativas en materia de igualdade e da prevención da violencia de xénero. Os centros participantes coordinarán coa organización os recursos necesarios e a dinámica a seguir no espazo expositivo.
PARTICIPACIÓN NO EVENTO QUE TERÁ LUGAR NO AUDITORIO MAR DE VIGO* (25 novembro, 10:15 – 12:30) (inscrición ata 30 de outubro).
10:15 – 11:30 Visita á feira educativa no vestíbulo do Mar de Vigo, con participación nas actividades lúdicas, creativas, informativas e dinámicas participativas.
11:30 – 12:30 Acto central no Auditorio do Mar de Vigo
*Dada a capacidade do auditorio, cubrirase a participación por rigorosa orde de inscrición e outorgaranse as prazas de maneira equitativa entre os centros solicitantes.
PARA PARTICIPAR CUBRIDE A FICHA QUE SE ACHEGA ATA O 30 OUTUBRO
Máis info: Secretaría Técnica | 631 179 252 | enlazavigo@gmail.com
Descargar ficha .pdf
