Violencia de xénero

[vc_row][vc_column][vc_column_text]A Violencia de xénero é todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado sufrimento físico, sexual ou psicolóxico. É a violencia que se dirixe sobre as mulleres e as mozas polo feito mesmo de selo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_separator color=”custom” border_width=”2″ accent_color=”#744d8e”][vc_custom_heading text=”Tipos de violencia” font_container=”tag:h3|text_align:center” use_theme_fonts=”yes”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=”1/2″][vc_custom_heading text=”A violencia non só pode ocorrer nas parellas maiores, tamén pode empezar nas relacións de noivado” font_container=”tag:h1|text_align:center” use_theme_fonts=”yes”][vc_column_text]

Violencia psicolóxica

  • Ignora a túa presencia, espíate.
  • Merma a túa estima, insultándote, descalificándote, gritándote, facéndote comentarios degradantes.
  • Culpabilízate de calquera problema.
  • Non respecta a túa opinión e impón sempre a del.
  • Ameázate e coacciónate

Violencia sexual

  • Obrígate a manter calquera tipo de relación sexual.
  • Impídete exercer a túa sexualidade libremente.
  • Acósate con insinuacións sexuais, incomodándote

Violencia social

  • Íllate do teu contorno social.
  • Contrólate as relacións familiares e de amizade.
  • Controla e critica a túa forma de vestir.
  • Contrólate as chamadas e todas as actividades.
  • Humíllate e ponte en evidencia  publicamente.

[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=”1/2″][vc_single_image image=”225″ img_size=”full”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=”1/2″][vc_single_image image=”224″ img_size=”full”][/vc_column][vc_column width=”1/2″][vc_column_text]

Violencia física

  • Empúrrate, golpéate, tírache do pelo…

Ciberviolencia

  • Emprega as TIC’s e as redes sociais como medio para facerte dano ou ter control sobre ti.
  • Exerce Sextorsión: chantaxéate por medio dunha imaxe de ti mesma espida que compartiches a través de internet mediante sexting (envío de fotos e/ou vídeos de contido sexual a través do teléfono móbil ou internet).
  • Usa medios telemáticos (internet, teléfonos móbiles, etc) para exercer acoso psicolóxico de xeito individual ou grupal:  humillacións, ameazas, acoso, etc. É o denominado Ciberbulling e nel non intervén persoas adultas.  Cando interveñen persoas adultas denomínase Ciberacoso.
  • Se persoas adultas realizan prácticas on-line para gañar a túa confianza finxindo empatía, cariño, etc, cun fin sexual. É o denominado Grooming

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_custom_heading text=”Ciclo da violencia” font_container=”tag:h3|text_align:center” use_theme_fonts=”yes”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=”1/2″][vc_column_text]

As reaccións violentas non aparecen de forma imprevista senón que forman parte dun longo proceso que acaba nunha pirámide de violencia sen retorno e que leva a un ciclo difícil de romper.

 

O ciclo de violencia ten 3 fases que se reiteran cada certo tempo intercalando períodos de afectos e arrepentimentos ou “lúa de mel”, pero onde cada vez son máis frecuentes os momentos de agresións e menos os de arrepentimentos.

Os tempos que transcorren entre cada fase do ciclo fanse cada vez máis curtos, polo que chegará un momento no que a repetición de todas as fases do ciclo poderán desenvolverse incluso nun mesmo día ou en poucas horas.

Guía“Información xeral sobre violencia de xénero”.
Concellería de Igualdade 2012

[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=”1/2″][vc_single_image image=”243″ img_size=”full” alignment=”center”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_custom_heading text=”Detente e pensa:
A túa relación é de bo trato.” font_container=”tag:h3|text_align:center” use_theme_fonts=”yes”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=”1/2″][vc_column_text]

  • Se cada un ten o seu espazo propio: ti tes amizades, afeccións propias e momentos para facer cousas que che gustan, e él/ela tamén ten os seus.
  • Se ten en conta as túas opinións e respecta que penses diferente. Se sodes capaces de falar e comunicarvos as cousas porque ningún ten razón sempre.
  • Se lle gustas tal e como es, se lle parece ben como vistes e non intenta cambiarte. Porque a túa forma de ser, de vestir, de pensar, e o que queres facer na vida decídelo ti.
  • Se entende e respecta que fales con outros mozos e mozas, e non intenta chantaxearte, nin facerte sentir mal para que non saias,… porque tendes confianza mutua.
  • Se estás con esa persoa porque queres e non por non estar soa ou só. Porque non é obrigatorio nin ter parella nin buscar unha historia de amor de película.
  • Se che di que te quere…. pero ademáis demóstracho. Porque decir “tq” non é o mesmo que demostralo, e demostralo implica estar aí nos momentos difíciles, intentar arranxar os conflitos, e por suposto …. pasar bos momentos xunt@s!

[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=”1/2″][vc_single_image image=”257″ img_size=”full”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]

No caso de estar a vivir unha situación de maltrato procura axuda e cóntao a unha persoa da túa confianza. 
O Concello de Vigo dispón do Centro municipal de Información dos dereitos da muller que ofrece información e asesoramento xurídico, psicolóxico e social de xeito gratuíto e confidencial.T. 986 293 963 (R/ Romil, 20)

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]