Ciberviolencia

A Ciberviolencia contra as mulleres, supón novas formas de violencia reproducidas en dixital, coas mesmas características na súa raíz de desigualdade e sexismo que a violencia de xénero pero en novos formatos e coa inmediatez que facilitan as novas tecnoloxías.

CONCEPTOS A TER EN CONTA:

Denomínase ciberviolencia de xénero á violencia que ocorre de xeito virtual, utilizando as TICs como medio para exercer dano ou dominio. Pode exercerse por parte de parellas, exparellas, persoas coñecidas ou descoñecidas, tendo distintas formas de manifestación. A posibilidade de realizar contactos, insultos e humillacións públicas a través das TICs e a facilidade de mecanismos de control da conexión “o último estado online”, converten a estas ciberviolencias en novos medios de exercer o dominio e o control sobre as mulleres e as mozas.

captura-ciberviolencia

Sexting: consiste no envio de fotos e/ou vídeos de contido sexual a outra persoa a través do teléfono móbil ou internet. Por exemplo fotos íntimas, en roupa interior, etc.

captura-sexting

Sextorsión: forma de explotación sexual na cal se chantaxea a unha persoa por medio dunha imaxe de si mesma espida que se compartiu a través de internet mediante sexting.

captura-sextorsion

Ciberbulling: pode considerarse como a extensión a internet do acoso escolar, aínda que non é o mesmo. Consiste no uso de medios telemáticos (internet, teléfonos móbiles, consolas de xogos, etc) para exercer acoso psicolóxico entre menores (non interveñen persoas adultas) de xeito individual ou grupal: humillacións, ameazas, acoso, etc. Cando no acoso intervén algunha persoa adulta denomínase ciberacoso.

captura-ciberbulling

Grooming: ou engatusamento: emprégase para describir as prácticas online de certas persoas adultas para gañar a amizade e a confianza dun/dunha menor finxindo empatía, cariño, etc, con fin sexual.

captura-grooming