Menu

Propostas e calendario 2023

Actuacións EnlazaVigo 2023

 As propostas que se realizan de seguido teñen como obxecto proporcionar recursos educativos no seo da programación do centro co gallo do 25 de novembro, Dia internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Ao igual que en edicións anteriores, e dado o contido proposto, vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, BAC e ciclos de FP

Tamén se propoñen actividades que formarán parte do acto de sensibilización que se prevé realizar no Auditorio Mar de Vigo o 24 de novembro. 

  1. Actividades propostas
  • DINÁMICAS NA AULA. Sobre a base do material que se achega ou dos recursos na rede, esta guía propón ao profesorado desenvolver na aula algunha das actividades propostas. 
  • FORMACIÓN PRESENCIAL PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA MOCIDADE (inscrición ata 31 de outubro). Sesión formativa presencial no propio centro (50 minutos), de luns a venres, en horario de mañá ou tarde). Terá lugar entre o 16 de outubro e o 5 de decembro (agás o 24 de novembro). A adxudicación será por orde de chegada das solicitudes. 
  • SOLICITUDE DE EXPOSICIÓN ITINERANTE (inscrición ata 31 de outubro). Para escoller entre as exposicións “1. A violencia sexual na mocidade”, “2. A escala da violencia na adolescencia” ou “3. MicroMachismos, pasemos á acción”. A exposición solicitada estará no centro de luns a venres (1 semana) no período comprendido entre o 16 de outubro e o 15 de decembro, agás na semana do evento central. A adxudicación será por orde de chegada das solicitudes. 
  • ELABORACIÓN EN AULA DUN MICROVÍDEO CO LEMA “DATE CONTA! ISTO SI E VIOLENCIA DE XÉNERO” (inscrición ata 31 de outubro; entrega ata o 17 de novembro). Escoller unha manifestación de violencia de xénero na mocidade e facer unha simulación na que se identifique e se dea unha resposta axeitada. Deberán ser orixinais e inéditos. Duración: entre 60 e 90 segundos. Formato: mp4, mov, avi ou wmv. Idioma: galego. Máis información en anexo de Microvídeo. 
  • CREACIÓN DO PUNTO LILA (Espazo de información e sensibilización a prol da igualdade e contra a violencia de xénero. O centro dinamiza o espazo coa colaboración se fose preciso da Secretaría Técnica de EnlazaVigo, coa achega de recursos da Concellería de Igualdade. 

2. Evento central no Auditorio Mar de Vigo

PARTICIPACIÓN DO CENTRO NA FEIRA EDUCATIVA COA COLOCACIÓN DUN ESPAZO EXPOSITIVO (inscrición ata 31 de outubro). Máximo 10 centros. 

Visibilizaráse o traballo realizado nos centros de ensino, no marco da sensibilización, a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero. Os centros participantes coordinarán coa organización os recursos necesarios e a dinámica a seguir no espazo expositivo. 

PARTICIPACIÓN NO EVENTO QUE TERÁ LUGAR NO AUDITORIO MAR DE VIGO* 

(24 novembro, 10:15 – 12:30) (inscrición ata 31 de outubro). 

10:15 – 11:30 Visita á feira educativa no vestíbulo do Mar de Vigo, con participación en actividades lúdicas,creativas, informativas e dinámicas participativas. 

11:30 – 12:30 Acto central no Auditorio do Mar de Vigo 

*Dada a capacidade do auditorio, cubrirase a participación por rigorosa orde de inscrición e outorgaranse as prazas de maneira equitativa entre os centros solicitantes. 

 PARA PARTICIPARCUBRIDEA FICHA QUESE ACHEGA ATA O31OUTUBRO

Máisinfo:SecretaríaTécnica|631179252|enlazavigo@gmail.com

Descargar ficha