Menu
2016

Fotos Exposición EnlazaVigo 2016

Informamos da primeira das accións que se enmarcan na edición 2016 da iniciativa “EnlazaVigo contra a Violencia de xénero”, iniciativa organizada pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller de Vigo.

Desde o día 20 ao 25 de novembro, poderase visitar a exposición colectiva realizada polo alumnado de secundaria da cidade sobre a temática deste ano: “Desmontando os mitos do amor romántico”
Na elaboración da exposición participaron 38 centros de ensino secundario que achegan 50 lonas creativas.
Lugar: R/Príncipe, diante do museo MARCO de 10:00 a 20:00 h

Sen comentarios

    Deixe unha resposta