2016, Evento 25 novembro

O Concello conmemora o Día Internacional contra a violencia machista cun tapiz humano formado por 2.500 estudantes

Novembro 23, 2016

2.500 alumnos e alumnas de Secundaria darán vida o próximo 25 de novembro ao tapiz humano que cubrirá os arredores do Farol de Urzáiz. “Desmontando os mitos do amor romántico” é o lema co que o Concello conmemorará este ano o Día Internacional contra a violencia machista. 

O Concello de Vigo organiza unha nova edición do tapiz humano co que conmemora o próximo 25 de novembro o Día Internacional contra a violencia machista. 2.500 alumnos de Secundaria se concentrarán no Farol de Urzáiz para facer un chamamento á concienciación social contra esta lacra, incidindo, sobre todo, na mocidade. Baixo o lema: Desmontando os mitos do amor romántico, ás 12,00 horas os participantes elevarán a súa voz de forma activa contra a violencia machista.

Ese mesmo día, desde as 10,30 horas, os estudantes poderán participar noutras actividades complementarias como é visitar no MARCO unha exposición colectiva de 50 lonas pintadas polo alumnado de 41 centros, así como outra mostra itinerante con dez paneis que analizan a violencia sexual na xuventude e que está situada nun lateral do MARCO.

Tal e como detallou o rexedor, tamén haberá baile na rúa: breakdance, xogos circenses, batukada; actividades de graffiti coordinadas pola experta viguesa SAX; e un photocall contra a violencia de xénero, situado na rúa Príncipe coa rúa Londres.

Co obxectivo de transmitir a todo Vigo a necesidade de ser unha cidade activa conta a violencia de xénero, dixo Caballero, tamén se colocarán lazos lila de 2×2 en dez monumentos da cidade baixo o lema: “Vigo libre de violencias machistas”. Estes símbolos lucirán na Fonte dos Cabalos; no Monumento a Europa; na escultura de Redeiros de Gran Vía; no monumento de Rosalía de Castro; la Praza da Constitución; na Praza 8 de Marzo; na Praza da Princesa; na rotonda da Praza da Industria; na estatua da Memoria fronte ao mercado de O Calvario e na rotonda de Bouzas.

Caballero avanzou esta programación nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por participantes do Consello da Muller ás que agradeceu o seu traballo e o seu compromiso na loita contra esta lacra social

Cursos de defensa persoal 
Antes, o rexedor achegouse a unha das sesións dos cursos de defensa persoal que a EVAP, unidade específica dentro da Policía Local, imparte para a protección de mulleres vítimas de violencia machista. Trátase da décimo terceira edición deste programa de formación polo que xa pasaron unhas 150 mulleres. Segundo explicou o alcalde na posterior rolda de prensa, a EVAP controlou o ano pasado 274 ordes de afastamento e detallou que cada una das vítimas ten un axente asignado co que poden estar en contacto 24 horas ao día.

You Might Also Like

No Comments

Leave a Reply