Exposición itinerante

Exposición que a Concellería de Igualdade pon a disposición de todos os centros de ensino da cidade neste curso escolarConsta de 10 paneis informativos que abordan que é a violencia sexual, tipos, as súas consecuencias, como pode axudar o grupo de iguais á persoa agredida e claves para unha convivencia en respecto, liberdade e igualdade.
Esta exposición está realizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo no marco do Programa Irene (programa de información, formación e prevención de violencia sexual na mocidade) a través dun convenio de colaboración asinado co Instituto da Muller e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Formulario de solicitude   Ver exposición en pdf