Menu
2011

A Concellería de Igualdade distribúe unha Unidade Didáctica sobre Violencia de Xénero entre os centros de ensino secundario

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro día 25 de novembro, a Concellería de Igualdade repartiu 500 unidades didácticas entre a totalidade dos centros de ensino secundario, públicos e concertados, de Vigo.
O material está deseñado para que o alumnado reflexione sobre a violencia contra as mulleres, un tema de interese social que non figura especificamente en nin­gunha materia do currículo escolar.
A través da lectura de noticias dos xornais, de videos de campañas, de cancións, reportaxes televisivos ou películas, o alumnado do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) ten a oportunidade de achegarse con mirada crítica a situacións, históricas e actuais, de desigualdade que afectan ás mulleres, así como ás diferentes formas de agresión que padecen en todo o mundo.
A explotación sexual, o tráfico de persoas, os asasinatos machistas, a ablación sexual, os comportamentos sexistas ou a evolución das leis relativas ás desigualdades sociais son algúns dos asuntos que se tratan nesta unidade didáctica, que ten por obxecto a concienciación da mocidade contra a violencia de xénero e a súa formación en valores non sexistas.
Realizada por Mª Luisa Abad Abad, Esther Mato Méndez e Mercedes Oliveira Malvar, a unidade didáctica ofrece, ademais, múltiples enlaces a páxinas webs onde ampliar información sobre calquera tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres.
O contido desta unidade didáctica pódese ver neste enlace: http://www.igualdadevigo.org/datasedatos 

— 

Source: 2011-2013

Sen comentarios

    Deixe unha resposta