Menu
2011

Malos tratos

Colaboración de Mónica de Nut, actriz e cantante.
Nunha ocasión dirixíronse a min falando nun tono de voz tan violento que fun eu mesma a que lle arreu una bofetada a tal individuo. Doeume a min máis ca el. Non o volvín ver. Non me devolveu a bofetada… menos mal, non estaría aquí para contalo. Tampouco se repetiu conmigo ninguna situación violenta pero si con outras mulleres polo que esta persoa estivo en prisión.
¿Quen é a víctima e quén o culpable?
Non existe maltratador se non hai víctima. As dúas partes alimentan a mesma realidade.
A educación segue a ser o motor.
Iniciativas como Enlaza Vigo son importantes para apoiar a situación alarmante da violencia de xénero e a realidade de que hai moitas mulleres que morren por este motivo. Pero se imos a raíz do problema atopámonos cunha educación machista na que tanto homes como mulleres somos cortados polo estereotipo que nos priva de liberdade. Coñezo a moitos homes que se queixan de non ser aceptados nas “manadas macho” por non ter actitudes machistas coas mulleres. Eu mesma síntome moitas veces violentada por outras mulleres por non ter actitudes de “muller obxecto sexual” cos homes. Coñezo a mulleres moito máis machistas que homes e homes máis feministas que mulleres. Todos somos víctimas neste sentido. Cada persoa debería cultivar a súa parte femenina e masculina que todos temos. A parte sensible, comunicativa, creativa e a parte de facer, a forza, a vontade. As dúas partes son igualmente importantes. Somos febles e somos fortes á vez, vulnerables e firmes dependendo da situación pero nunca ríxidos e sempre nutrindo a empatía cas demáis persoas, peza clave.
Se estou ben sendo eu mesma comparto pero non me vendo, non trago con cousas que me fan mal, teño poder de decisión. Se preciso constantemente dunha persoa para valerme estou presa, anulada… aínda que a situación non sexa violenta pode selo en calquera momento. Estar ben por dentro na nosa soidade interior, no noso recuncho que nos axude a saír das situación límite e a disfrutar da vida, que para iso está.
Enlaza Vigo.
Enlacémonos pola empatía e o ben común que non é outro que o ben individual.
Estamos todos no mesmo barco… aínda que as veces coste crelo.


Source: 2011-2013

Sen comentarios

    Deixe unha resposta