2012

Manifestación o 8 de marzo, as 20.00h dende a Farola de Urzaiz

Marzo 6, 2012
Convocan as 23 organizacións que conforman o Consello Municipal da Muller

Este ano, o Consello Municipal da Muller de Vigo, como símbolo da unidade do conxunto do movemento de mulleres nesta cidade, imos convocar a manifestación o xoves día 8 de marzo baixo o lema: “Os dereitos das mulleres son os dereitos do mundo”, que sairá ás 20:00 h da Farola de Urzaíz e rematará na praza da Constitución.

Queremos que nesta manifestación, encabezada polo conxunto das 23 organizacións de mulleres que formamos parte do Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade, a única simboloxía visibel sexa en exclusiva feminista, coa cor lila que é a que nos identifica, para isto repartiranse pegatinas e pancartas de man en cor lila con diferentes lemas acordados de forma unitaria entre todas as organizacións que formamos parte da comisión de organización deste 8 de marzo.

Facemos un chamamento moi especial a toda a cidadanía para que se implique e participe nesta manifestación demostrando que a cidade de Vigo somos pioneiras na loita pola igualdade como demostramos o 25 de novembro coa cadea humana “EnlazaVigo” contra a violencia de xénero.

Source: 2011-2013

You Might Also Like

No Comments

Leave a Reply