Menu
2017

EnlazaVigo 2017

A Concellería de Igualdade de Vigo principiou o proceso de inscrición de centros educativos para participar en EnlazaVigo 2017 baixo o lema “A mocidade viguesa na onda contra a violencia de xénero” (ver dossier da actividades)

Un total de 49 centros foron contactados para participar na proposta de abordar nas aulas os contidos relativos á campaña deste ano. O resultado deste traballo plasmarase en pancartas alusivas ao lema, que se presentarán na Exposición que terá lugar entre o 15 e o 26 de novembro na rúa do Príncipe.

Nesta edición, como novidade, tamén se abre a posibilidade de presentar microvídeos nos que se narren os resultados do traballo realizado na aula e que serán publicadas nesta web.

Ao finalizar o proceso de incrición coñeceranse tamén o número de centros que asistirán ao clásico Acto de rúa previsto para o venres 24 de novembro e no que se darán a conocer os resultados finais do traballado durante este mes de intensa actividade e se trasladarán mensaxes a toda a sociedade en contra da violencia de xénero.

Sen comentarios

    Deixe unha resposta