8 de marzo

Actos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Febreiro 20, 2012
Baixo o lema “Os dereitos das mulleres son os dereitos do mundo”, o Consello Municipal da Muller celebrará este ano o día 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.
Os actos conmemorativos terán lugar en dúas datas, o sábado día 3, e o mesmo día 8. Deste xeito, o sábado día 3 haberá unha Festa polo Día Internacional das Mulleres, con espectáculos de animación na rúa e un concerto de música rap, a cargo de AÍD. A cita será na Praza da Constitución, desde as 13:00 horas ás 19:00 horas.
Para o día 8 de Marzo, xoves, o Consello Municipal da Muller de Vigo convoca a toda a cidadanía a participar nunha manifestación polos dereitos das mulleres. Para reafirmar aínda máis o seu carácter reivindicativo en prol das mulleres, convida ás persoas participantes a portar nela simboloxía feminista. A manifestación sairá ás 20:00 horas desde a farola de Urzáiz e rematará na Praza da Constitución.
Ao longo do mes de marzo, ademais, desenvolveranse outras actividades complementarias, como son dúas proxeccións de cine infantil no Verbum-Casa das Palabras (os domingos 11 e 18), e a proxección do documental “As silenciadas”, que terá lugar no MARCO o vindeiro día 13 de marzo.

Source: 2011-2013

You Might Also Like

No Comments

Leave a Reply