2014

1900 voces contra a ciberviolencia de xénero entre a mocidade

Novembro 25, 2014

A rúa Urzáiz de Vigo foi tomada por 1900 estudantes de secundaria que, xunto co Alcalde de Vigo, a Concelleira de Igualdade, representantes da Corporación municipal e diversas entidades do Consello municipal da muller, puxeron de manifesto a través dun tapíz humano o seu rexeitamento da violencia de xénero e, en particular, á ciberviolencia de xénero que cada vez máis se produce entre a mocidade.

No tapiz podíase ler a conversa de Whatsapp na que se produce unha situación de sexting e na que as e os participantes rexeitan decididamente á mesma (premer eiqui para descargar o texto).

Ao longo da xornada de reivindicación houbo momentos para que representantes do alumnado poideran expresar distintas repulsas ás situacións de acoso, humillación e vexación nas relacións a través das redes sociais ou do móbil.

Estas expresións de viva voz engadíronse ás recollidas na exposición colectiva na que participaron 34 centros de secundaria de Vigo e varias asociacións de mulleres (premer eiqui para ver exposición).

Previamente ao momento central do acto realizado no día de hoxe, o alumando e a cidadanía poido participar nas distintas actividades que se realizaron entre a rúa Urzáiz e a rúa Príncipe (premer eiqui). Os centros que quixeron tamén manifestaron a súa repulsa á ciberviolencia de xénero no Photocall que a Concellería de Igualdade instalou (premer eiqui).

 

You Might Also Like

No Comments

Leave a Reply