2016, Evento 25 novembro

Desmontando os Mitos do amor romántico, tema sobre o que xira a edición de EnlazaVigo 2016

Novembro 13, 2016

O ideal romántico da nosa cultura ofrece un modelo de conduta amorosa que estipula o que “de verdade” significa namorarse e que sentimentos han de sentirse, como, cando, con quen si e con quen non.

O compoñente cultural é o causante de que se desenvolvan crenzas e imaxes idealizadas verbo do amor que en numerosas ocasións dificulta o establecemento de relacións sas e provoca a aceptación, normalización, xustificación ou tolerancia de comportamentos claramente abusivos e ofensivos.

Os mitos do amor romántico están moi estendidos na sociedade na que vivimos. Estas crenzas aprendémolas desde a infancia mediante contos, cancións, relacións familiares, medios de comunicación, etc.

 

Velaquí 8 MITOS DO AMOR ROMÁNTICO sobre os que está a traballar o alumnado participante:

Aínda que hai moitos máis mitos respecto deste tema, estes son 8 mitos que poden interferir no desenvolvemento dunha relación de parella sa, non violenta, igualitaria e satisfactoria:

1.  “O amor todo o pode”. Mito da omnipotencia do amor

2.  “Cambiará porque me ama”. Mito do cambio por amor

3.  “Quen ben te quere , farache chorar”. Mito da compatibilidade do amor e do maltrato

4.  “Os polos opostos atráense”. Mito dos polos opostos

5.  “Só hai unha media laranxa para cada persoa”. Mito da media laranxa

6.  “Sen ti non son nada”. Mito da despersonalización

7.  “Os celos son unha mostra de amor”. Mito dos celos

8.  Discutir é malo” ou “Se unha parella non discute é porque non se quere”. Mito das discusións.

 

Máis información no dossier de 2016 (.pdf)

You Might Also Like

No Comments

Leave a Reply