2011

Non hai xustificación nin atenuantes. É o machismo o que mata

Decembro 12, 2011

Feminismogaliza (MNG) envíanos o seguinte mail:


Novo asasinato dunha muller na Galiza, e foi no seu posto de traballo. As declaracions do alcalde de Carral son inadmisibels. Respostemos na rúa, a este novo caso de violencia de xénero, porque o machismo mata e xá estamos fartas de tanta pasividade por parte das autoridades ante os sangrantes casos de terrorismo machista”.
O que dixo o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, foi: “Creo que nunca houbo (denuncias por violencia machista), pero él últimamamente, estaba un tanto abandonado, estaba en paro, bebía…” (fonte: Europa Press)
Por qué ao narrar casos de terrorismo machista séguese a insistir neste tipo de datos? Acaso ao describir outros fenómenos de violencia social, como outras formas de terrorismo, fálase deste tipo de cousas?
De nada informa o feito de que unha persoa beba, estea en paro ou “estea abandonada” ou cousas polo estilo cando se fala dun fenómeno no que outros agresores nin beben, nin están en paro, nin están abandonados. E a enorme maioría dos que beben, están en paro ou abandonados non asasinan. O problema do que estamos a falar non ten que ver con situacións individuais, senón cun comportamento social de dimensións enormes: dende que hai estadísticas (en 2003) van xa máis de 600 mulleres asasinadas en España.
NON HAI XUSTIFICACIÓNS NIN ATENUANTES. É O MACHISMO O QUE MATA.

Unímonos ao desexo de MNG: Respostemos na rúa a este novo caso de violencia de xénero, porque o machismo mata e a sociedade xa está farta.

Source: 2011-2013

You Might Also Like

No Comments

Leave a Reply